Un poema de Jack Underwood

Jesús Castro Yáñez
1 min readNov 29, 2022

--

Estudo para B. H. con cinco figuras, 2013–15 (0602); 2015, Paul Mpagi Sepuya

ESTOU NO LAGO DAS BARCAS CON SEAN

Estou a remar amodo e os paxaros semellan bordados
na superficie da auga que se ondula ante a voz
de Sean cando fala con tanta lindeza sobre cousas
que nin entendo. Non son quen de pensar máis que
en bolsas de papel marrón con pencas de graxa
na dobra do fondo que son a pegada que deixaron
os boliños de salchicha por dentro, ou nos illares finos
dos cans pintados nas escenas de caza medievais, ou
na manciña gordecha dun querubín que acena
cara a unha paisaxe onde familias sorrintes fan
un picnic canda os animais que Deus
tamén salvou, ou póñome a pensar nos
mecanismos das gaitas, nas pernas e brazos
e no bandullo e no longo pescozo cos seus furados.
Hoxe foi o mellor día da miña vida. Sean sorrí.
Leva pantalóns curtos, e eu tamén.
Vai sol! Os meus son tan curtos
que ben poderían ser uns calzóns, e sigo
sen entender nin unha palabra do que di.

(Tradución ao galego de Jesús Castro Yáñez)

--

--

No responses yet